viernes, 19 de junio de 2020

VENRES 19 DE XUÑO

FIN DE CURSO


Bo día familias!!!
Hoxe remata este curso tan atípico e único que transformou as nosas vidas dende o mes de marzo!
Conseguimos aguantar na casa confinados, traballar coas novas tecnoloxías, intentar facer que as actividades estiveran adaptadas e preparadas dun xeito que vos facilitase o traballo....pero sempre cun ordenador ou tablet ou mesmo teléfono, estivemos conectados diariamente ata o día de hoxe.

Moitas grazas por estar ahí, ao outro lado, por contactar como si fose na porta da escola para as dúbidas que aparecían...e, sobre todo, por colaborar da maneira que o fixéchedes. 

Non vos esquecimos nin un só día... e por iso, vos deixamos aquí unha pequena mostra do noso cariño, e agradecemento. E coa esperanza de vernos en setembro!!!





Como tivemos compañeir@s que non puideron celebrar o seu cumple con todos nós na nosa aula, quero desde aquí facer unha pequena celebración para todos eles. 




Que pasedes un verán maravilloso. Unha aperta moi moi moi grande para @S CIRCULIÑ@S .

1 comentario:

  1. Maravilloso video profes! Feliz verán a tod@sssss. Gracias x todo 😘😘

    ResponderEliminar