viernes, 29 de mayo de 2020

VENRES 29 DE MAIO

Bo día a tod@s. Chegou o venres e case o remate do mes de maio.
Para poder despedir este mes imos xogar cos materiais que a natureza nos deixa nesta época do ano.*

FAREMOS CARAS REPRESENTANDO AS EMOCIÓNS 


Moi sinxelo:
-Necesitamos cartón, cartulina ou un papel de periódico que recortaremos en óvalos facendo varias caras.
-Recollemos materiais como follas, hervas, pauiños, flores...
-Un pouco de la ou cordón ou simplemente tiras de papeliños de cores para facer os peiteados.
-Unhas tesoiras...
-E moita imaxinación.


ESPERO, COMO SEMPRE, AS FOTOS DOS RESULTADOS.

MOITO ÁNIMO!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

XOVES 28 DE MAIO

Bo día familias.
Imos comezar a lectoescritura coas vogais que xa aprendimos: U, A, I.
Nestas fichas que vos deixo aquí, podedes traballar a lectura e a escritura mediante copia, dictado...escoitando,buscando e recoñecendo os sons que nos indican mamá, papá ou a persoa que traballe co cativ@.
Estas fichas as podemos incluir no libro de lectoescritura que estamos a facer.











E para rematar déixovos dous enlaces para que fagades actividades sobre animais de granxa e domésticos.



MOITO ÁNIMO!!!


MÉRCORES 27 DE MAIO

Ola a tod@s.
A profe Mónica nos convida a facer unha actividade moi interesante.
Se premedes na imaxe seguinte, iredes a un vídeo do conto "El Rebaño".



Unha vez visto o conto, faremos as seguintes actividades:

1.-Faremos 10 ovelliñas como o modelo que vos deixo aquí, e se pega nun depresor ou algo que teñades por casa.





                  
2.-Escribimos os números do 1 ao 10 e ordeamos as ovellas. Pegamos tantas boliñas de algodón como indique o número.

3.-Creamos un selo cunha patata. Podes axudarte dalgún molde ou facelo a pulso cun coitelo. O debuxo será unha folla, alimento das ovellas.


Para esta actividade necesitaremos dous dados ( tapa a cara dos seis puntos para que non supere a cantidade 10 coa suma de ambos).

4.- O XOGO: lanzamos os dados e facemos tantas estampacións como indican os puntos dos dados e logo, dibuxa a grafía do número correspondente.
Por exemplo: O neno/a tira os dados e lle sae 8, conta os puntos. Para crear a historia lle decimos que "A ovelliña come 8 follas e lle pedimos que faga 8 estampacións de follas nun folio. 


Espero que o disfrutedes.
MOITO ÁNIMO!!!!






martes, 26 de mayo de 2020

MARTES 26 DE MAIO

Bo día circuliños.
Hoxe martes seguiremos facendo actividades online.
A primeira que temos é sobre as emocións. Sabemos que para os cativ@s non é fácil distinguir todas as emocións, por iso queremos empezar a recoñecer as máis sinxelas para, o próximo curso, afondar máis nelas co proxecto que tiñamos comezado coas caixas das emocións.

Premendo na imaxe iredes a unha actividade para clasificar as situacións e as emocións.




Para seguir traballando matemáticas, convídovos a facer este xogo de colocar as cantidades co número que lle corresponde.

Como sempre, premendo na imaxe, iredes á actividade en cuestión.



Espero que disfrutedes das actividades. 
Moito ánimo!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

LUNS 25 DE MAIO

Bo día familias. Esperamos que estedes ben e que puidésedes disfrutar da fin de semana soleada que tivemos.

Hoxe seguimos con animais. 
Déixovos uns xogos para traballar o tema.








Espero que os disfrutedes.
Moito ánimo.

viernes, 22 de mayo de 2020


VENRES 22 DE MAIO

Bo día familia!!!!
Seguimos cos animais de graxa. 
Aquí tedes un enlace a un vídeo con animais domésticos e de graxa para que os podades recoñecer.



E para xogar un pouco, se premedes no seguinte enlace tedes un loto para emparellar animais coa súa vogal inicial.
https://learningapps.org/display?v=pw8e3hwot20

Esperamos que disfrutedes das actividades e, por suposto, da fin de semana.

jueves, 21 de mayo de 2020

XOVES 21 DE MAIO


Bo día circuliños.

Imos repasar lectoescritura cunhas actividades moi sinxelas.


Para completar no noso libro de lectoescritura vos deixo unhas imaxes coa vogal U maiúscula.




Por último tedes un enlace para facer un xogo de parellas.


MOITO ÁNIMO!!!!

miércoles, 20 de mayo de 2020


MÉRCORES 20 DE MAIO

Bo día familias!!!!!
Para hoxe temos actividades interactivas.
No primeiro enlace podedes facer xogos de lóxica premendo na imaxe. 



Nos seguintes atoparedes xogos de parellas.




MOITO ÁNIMO E ESPERO QUE PASEDES UN BO DÍA.


martes, 19 de mayo de 2020

MARTES 19 DE MAIO
Bo día a tod@s. 
Hoxe martes, temos unha nova letra para o noso libro-caderno. 
A vogal U.






Recordade que podedes imprimilas e adxuntalas ao libro que estamos a facer.
Recordade tamén que o voso nome o podedes facer pola parte de atrás de cada ficha.

Moito ánimo



lunes, 18 de mayo de 2020

LUNS 18 DE MAIO

Bo día circulños. Espero que puidésedes disfrutar da fin de semana.
Para empezar ben o luns, propóñovos un xogo da oca moi especial...para xogar en familia.
Non é necesario que imprimades o taboeiro, simplemente con tirar o dado e contar na pantalla, creo que vos será fácil e útil.
As instruccións as podedes cambiar e así variar o xogo cantas veces queirades.




Espero que pasedes un bo día e disfrutedes do xogo.

Moito ánimo.

viernes, 15 de mayo de 2020


VENRES 15 DE MAIO

Como sabedes, o domingo 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.
Este ano vai adicado a Ricardo Carballo. 
A profe Eva da biblioteca do Cra, quixo que vos déramos unha pequena sorpresiña. Se premede no enlace, a podedes ver e escoitar.
Desexamos que vos guste, xa que está feito con moito cariño para todos vos.


http://bibliotecadelcra.blogspot.com/


A obra quizá máis coñecida ou traballada de Ricardo Carballo é AS PITAS BAIXO A CHOIVA.
deixo unha ficha de dita obra para que a coloreedes despois de ver o blogue da biblioteca.




Esperamos que pasedes unha boa fin de semana disfrutando outro ano máis, do noso Día das Letras Galegas.


martes, 12 de mayo de 2020


MÉRCORES 13 DE MAIO

Bo  día circuliños!!!!!!!
Hoxe temos dous tipos de actividades:


Premendo neste cartel podes completar as series.


No seguinte podemos traballar o conteo do 1 ata o 5.



Seguindo coa lectoescritura, podedes traballar o trazo da vogal I na seguinte ficha.



Por último, para que poidades seguir completando o libro de lectoescritura que estades a facer, vos deixo aquí uns carteliños coa vogal I.






MOITO ÁNIMO E A DISFRUTAR.



MARTES 12 DE MAIO


Bo día a tod@s.
Seguimos coa semana adicada ás Letras Galegas e hoxe vos propoño a seguinte actividade:



E por último temos un conto das figuras xeométricas que celebran un aniversario...
Que vos parece se despois debuxades as personaxes?  


Moito ánimo!!

lunes, 11 de mayo de 2020



LUNS 11 DE MAIO

Bo día a tod@s
Comezamos a semana das Letras Galegas e
hoxe vos convidamos a que coñezades ao escritor homenaxeado este ano:
RICARDO CARBALLO CALERO.


No seguinte enlace tedes actividades en liña que vos axudarán a coñecer un pouco máis sobre as Letras Galegas.
Algunhas das actividades serán para facer coa axuda dun adulto, pero a maioría as poden facer sen problema.


Esperamos que vos gusten e que disfrutedes coa información. 
Moito ánimo e ata mañá.



viernes, 8 de mayo de 2020

VENRES 8 DE MAIO

Bo día a tod@s.
Hoxe venres déixovos uns enlaces para actividades online. 
Simplemente tedes que premer na actividade e xa vos leva directamente ao enlace.

Tedes que unir os números sen levantar o rato ata o final.




Neste enlace podedes facer memorys de diferentes niveis de dificultade.


Espero que os disfrutedes e que pasedes unha boa fin de semana.

jueves, 7 de mayo de 2020

XOVES 7 DE MAIO

Cómo levades os traballos con tesoiras?
Aquí temos unhas ideas para practicar. 
Espero que vos gusten o as disfrutedes.



Xa recibín algunhas fotos dos vosos maios e me parecen maravillosos.
Podedes utilizar esta base para poder facer un maio de refugallo, decorándoo con cousas que atopedes pola vosa vivenda.


Ánimo e ata mañá


miércoles, 6 de mayo de 2020

6 de maio

Que vos parece se hoxe facemos unha actividade de lóxica-matemática na que traballamos o tempo de reacción e a memoria e concentración?