miércoles, 6 de abril de 2016

AQUI ESTAMOS DE NOVO

Saúdos a tod@s!!!!
Nos gustaría mostrar un resumo do que foi e está a ser o noso último curso no CRA de Bergondo.

Empezamos...

Ollade como cambiamos dende o primeiro día de curso. Así de animados e contentos estabamos:



O primeiro que preparamos foi o OUTONO. Fixemos unha exposición  chulísima de follas e froitos...que trouxeron os nenos e nenas.
Coñecimos a  nova mascota da biblioteca, o moucho Bieito, o cal podedes ver nunha das imaxes.


E...chegamos ao SAMAÍN!!



Houbo de todo o relacionado con esta temática, os circuliños e os compañeir@s das outras aulas puxeron todo o seu empeño e imaxinación para que quedara esta exposición tan orixinal de cabazas.


O tempo vai pasando e xa estamos a celebrar o MAGOSTO
Se fixo un taller de colares de zonchos. Que vos parecen??



 Fixemos unha visita ao Cruz do Sar para ver a súa exposición de Samaín, asistimos na Senra a unha sesión de contacontos, e despois....

A DEGUSTAR AS CASTAÑAS!!!!!

Chegou decembro e o NADAL.
Tivemos unha visita sorpresa dos dos Reis Magos que recolleron as nosas cartas e...¡NOS DEIXARON UNS REGALIÑOS PARA CADA AULA!



Agora a última celebración que vos queremos amosar é o ENTROIDO.
Fixemos un desfile cos nosos disfraces e unha degustación de doces típicos destas datas aos que convidaron as familias dos nosos nenos e nenas.



En breve seguiremos publicando más cousiñas que vaian acontecendo.
Un saúdo e ata pronto!!!!