Durante estas últimas semanas, como ben sabedes, fixemos unha paradiña en Xapón.
Aquí vos amosamos algunha imaxe que ilustra o noso paso por tan fermoso lugar.
Presentamos os materiais que trouxemos da casa.
Mirade o ben que quedou todo exposto!
Intentamos comer con palillos ...
E conseguímolo!!!
Xogos e puzzles ...
Recibimos a visita dos/as compis para ver a nosa exposición de materiais. Explicámoslles todo con moita ilusión.
Unha das cousas que máis nos gustou foi...
Ademais de todo isto, tivemos a sorte de contar cun colaborador moi especial.
Visitounos Benjamín, o pai de Noé, para compartir con nós todo o que sabe sobre a cociña xaponesa.
VISITA PAI NOÉ from
Laura on
Vimeo.
Encantounos!!! Agardamos que se repita. Estades todos e todas convidadas á aula!
Moitísimas grazas ás familias por participar neste proxecto. Todas as achegas foron xeniais!