martes, 15 de octubre de 2013

"Vén onda nós o outono dacabalo do aire"...



      Pouco a pouco, imos afacéndonos ás rutinas da nosa aula coas que aprendemos , case sen querer, un montón de cousas novas.

      Pero, ademais, estes últimos días, tivemos tempo de facer outras actividades coas que desfrutamos moito.

                                 Queremos compartilas con vós.





Cos produtos de outono que trouxeron as familias pasámolo en grande.

E non só iso, senón que foron unha enorme fonte de aprendizaxes.











 Entre outras cousas, traballamos lóxica-matemática observando
                           as cores das follas, o seu tamaño, clasificando, comparando...




      Xa comprobamos que os ourizos pinchan moito, así que intentamos abrilos cos pés (calzados!)...






         Foi divertido ver saír as castañas!







    E mirade o que se nos ocurriu... se poñemos as follas na cabeza...parecemos o cadro de Arcimboldo!!! Xenial descubrimento!

                              Grazas, familias, pola vosa colaboración!        
            
 O millo tamén nos serviu para traballar con letras e números de xeito contextualizado e significativo: as letras para buscar cales son as da palabra MILLO, e os números para secuenciar o proceso de elaboración do pan.

 




Bicos e apertas!!!

miércoles, 9 de octubre de 2013

URXENTE!

 Os nenos e nenas da Aula dos Círculos precisamos unha axudiña.

Hoxe atopamos unha cousa na nosa caixa das sorpresas...
Chegamos á conclusión de que é un "cadro" ou "unha foto" ...mais non sabemos quen o pintou... "Un pintor de lonxe" dixo Nerea, pero queremos saber máis.

ALGUÉN NOS PODE AXUDAR?? Esperamos respostas!



lunes, 7 de octubre de 2013

Se pan de millo vas merendar, mira o traballo que hai detrás...

Comezou a semana!

       Tivemos un luns ben atarefado. Mirade o que nos trouxeron á aula.











                                                           MILLO!!

        Case todos e todas o coñeciamos de sobra, pero encantounos xogar coas mazarocas, coas follas, cos grans e con estas enormes espigas...
                    
      Ademais , descubrimos outras cousiñas sobre o millo: que se esfolla, que se debulla, que se moe, que se peneira...

Primeiro, vímolo en fotos...









               E, despois, fixémolo nós!







        Con todo isto seica se pode facer un pan de millo... delicioso! Así o di a canción de Migallas que escoitamos e cantamos.



             Achegámonos á nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos, coñecemos as partes desta planta, contamos, clasificamos... e , sobre todo, pasámolo pipa!!

Grazas aos compis da Aula dos Triángulos por deixarnos as espigas e á profe Alba por traernos os utensilios!!

                  Bo comezo de semana a todos/as!










miércoles, 2 de octubre de 2013

Xa estamos en marcha!

Nun tris tras rematou setembro e entramos en outubro.

             Os círculos de Guísamo xa estamos adaptados/as á nosa nova aula e vimos con moitas ganas ao cole.

             Este luns, despois de contar as anécdotas da fin de semana no noso faladoiro diario (como nos gusta!), tivemos unha sorpresiña.

            As profes trouxeron unhas plantiñas moi chulas para a clase.
Estivemos a mirar as súas follas, as cores das flores e buscámoslles un sitio na aula.

        Chegamos a un acordo: o encargado ou encargada do día deberá regalas con agarimo. Así, coidarémolas entre todos/as para que medren bonitas.


             Mirade que lindas!




                Despois da novidade das plantas, tivemos que resolver un "gran" problema que nos xurdiu.

        Resulta que todas as mañás buscamos o nome do día que é, a foto do tempo e máis a da estación na que estamos, peeeeero non tiñamos onde colocalo. Así que, decidimos elaborar un panel.
 Para iso, fixemos un gran traballo.


         Concentrámonos moito e buscamos as letras que nos facían falta. Como aínda non as coñecemos, fomos buscando as que se parecían ao modelo que nos ensinaron as profes. Que ben o fixemos!
























Mirade que ben nos quedou.


Unha aperta a todos/as! Seguiremos contándovos as nosas aventuras.