jueves, 19 de diciembre de 2013

VEU O APALPADOR!

Estabamos a agardalo...




E CHEGOU!!!





Veu coa cara enzoufada en carbón, cheo de historias e agasallos fermosos. 
O APALPADOR 







BOAS FESTAS a todos e todas!!!!!! Ata a volta!

A NOSA VIAXE POR XAPÓN

                                 Durante estas últimas semanas, como ben sabedes, fixemos unha paradiña en Xapón.


                     Aquí vos amosamos algunha imaxe que ilustra o noso paso por tan fermoso lugar.

Presentamos os materiais que trouxemos da casa.



Mirade o ben que quedou todo exposto!




                                                                       Intentamos comer con palillos ... 






















E conseguímolo!!!





Xogos e puzzles ... 


Recibimos a visita dos/as compis para ver a nosa exposición de materiais. Explicámoslles todo con moita ilusión. 



Unha das cousas que máis nos gustou foi... 





Ademais de todo isto, tivemos a sorte de contar cun colaborador moi especial. 
Visitounos Benjamín,  o pai de Noé,  para compartir con nós todo o que sabe sobre a cociña xaponesa. 






VISITA PAI NOÉ from Laura on Vimeo.

Encantounos!!! Agardamos que se repita. Estades todos e todas convidadas á aula!

Moitísimas grazas ás familias por participar neste proxecto. Todas as achegas foron xeniais!

lunes, 16 de diciembre de 2013

PARABENS, CARLOS!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Carlos, que onte cumpriu tres anos. 
Convidounos a unha tarta riquísima! 











PARABENS e un bicazo para Carlos! 

jueves, 12 de diciembre de 2013

PROXECTO: O FAISÁN

          Xa está "viaxando" polas casas o noso libro sobre o faisán, un dos miniproxectos que xurdiu durante este trimestre.

            " Que come o faisán?" ...  Foi a dúbida provocada por unhas fotos que trouxo a profe Alba.

Por este motivo, comezamos a investigar e... mirade que traballo tan lindo! 


          Comezamos presentando o material que trouxemos da casa. Encantounos ensinarllo e explicarllo a todos/as! 
                     


              Despois, repartimos as tarefas para comezar a elaborar o noso libro.

FIXEMOS A PORTADA...





                                                                                   BUSCAMOS NA REDE...












ENGADIMOS FOTOS...






Como somos grandes artistas, tamén nos lanzamos a pintar e debuxar os nosos propios faisáns. 






Así de bonito quedou . Aprendemos un montón de cousas e desfrutamos moito. 

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Magosto 2013




             Aquí vos deixamos a celebración deste Magosto 2013. Por problemas técnicos, non puidemos compartilo antes. Agardamos que vos guste!




Sin título from Laura on Vimeo.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PARABENS, NOA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Noa. Cumpriu tres aniños e convidounos a unha tarta deliciosa.
 Pasámolo pipa! 








                                                  PARABENS e moitos biquiños para Noa!


martes, 15 de octubre de 2013

"Vén onda nós o outono dacabalo do aire"...



      Pouco a pouco, imos afacéndonos ás rutinas da nosa aula coas que aprendemos , case sen querer, un montón de cousas novas.

      Pero, ademais, estes últimos días, tivemos tempo de facer outras actividades coas que desfrutamos moito.

                                 Queremos compartilas con vós.





Cos produtos de outono que trouxeron as familias pasámolo en grande.

E non só iso, senón que foron unha enorme fonte de aprendizaxes.











 Entre outras cousas, traballamos lóxica-matemática observando
                           as cores das follas, o seu tamaño, clasificando, comparando...




      Xa comprobamos que os ourizos pinchan moito, así que intentamos abrilos cos pés (calzados!)...






         Foi divertido ver saír as castañas!







    E mirade o que se nos ocurriu... se poñemos as follas na cabeza...parecemos o cadro de Arcimboldo!!! Xenial descubrimento!

                              Grazas, familias, pola vosa colaboración!        
            
 O millo tamén nos serviu para traballar con letras e números de xeito contextualizado e significativo: as letras para buscar cales son as da palabra MILLO, e os números para secuenciar o proceso de elaboración do pan.

 




Bicos e apertas!!!

miércoles, 9 de octubre de 2013

URXENTE!

 Os nenos e nenas da Aula dos Círculos precisamos unha axudiña.

Hoxe atopamos unha cousa na nosa caixa das sorpresas...
Chegamos á conclusión de que é un "cadro" ou "unha foto" ...mais non sabemos quen o pintou... "Un pintor de lonxe" dixo Nerea, pero queremos saber máis.

ALGUÉN NOS PODE AXUDAR?? Esperamos respostas!



lunes, 7 de octubre de 2013

Se pan de millo vas merendar, mira o traballo que hai detrás...

Comezou a semana!

       Tivemos un luns ben atarefado. Mirade o que nos trouxeron á aula.











                                                           MILLO!!

        Case todos e todas o coñeciamos de sobra, pero encantounos xogar coas mazarocas, coas follas, cos grans e con estas enormes espigas...
                    
      Ademais , descubrimos outras cousiñas sobre o millo: que se esfolla, que se debulla, que se moe, que se peneira...

Primeiro, vímolo en fotos...









               E, despois, fixémolo nós!







        Con todo isto seica se pode facer un pan de millo... delicioso! Así o di a canción de Migallas que escoitamos e cantamos.



             Achegámonos á nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos, coñecemos as partes desta planta, contamos, clasificamos... e , sobre todo, pasámolo pipa!!

Grazas aos compis da Aula dos Triángulos por deixarnos as espigas e á profe Alba por traernos os utensilios!!

                  Bo comezo de semana a todos/as!