viernes, 21 de diciembre de 2012

FELICITANDO O NADAL

Dende a clase dos Circuliños queremos felicitar o Nadal con esta postal:



Moitas gracias pola vosa colaboración, Bo Nadal a todos e Próspero Ano Novo!!!!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

MAGOSTO

O martes 30 fixemos unha saída para celebrar o Magosto. Antes de degustar as castañas, o Concello nos convidou ao edificio da Senra para disfrutar dun espectáculo do grupo Matapiollos e deseguido visitamos o CPI Cruz do Sar para ver a exposición das cabazas que fixeron.

Todos preparados e sentados no autobús!!


Cando chegamos á Senra, facemos unha fila para poder entrar e sentarnos sen molestar!!!



Despois da actuación, dimos un paseo ata o cole CPI Cruz do Sar. Alí nos convidaron a ver unha exposición de cabazas que fixeron entre tod@s.

E algún pasou un pouco de medo!!!!


Por  fin imos degustar as castañas do Magosto!!! Menudo solete que facía!!!



Alí estaba o castañeiro asando as castañas...


Que boa pinta teñen...están moi ben asadas!!!


A comer as castañas!!!






...e despois de tanta castaña e o batido... a xogar un pouco!!!




Unha foto de tod@s os alumn@s do CRA


A verdade é que o pasamos fenomenal, e esperamos poder compartir con todos vos, moi pronto, máis experiencias.
Saudiños e ata pronto!!!!!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Taller de cociña: os croissants

No taller de cociña francesa,  fixemos uns croissants que saíron estupendamente, gracias ás mans dos nosos pequen@ cociñeir@s. Aquí explicamos, paso a paso, todo o proceso:

1º-Lavamos as mans antes de poñernos ao traballo:


  2º-Revisamos que teñamos todo o que necesitamos: masa de hoxaldre,chocolate branco e negro especial para postres,un rolo, un molde para os croissants, un ovo, un pincel, papel vexetal...e por suposto: o forno!!!


3º- Colocamos a masa de hoxaldre no molde dos croissants e a estiramos co rolo, para ir marcando cada trianguliño...





4º-Colocamos o trozo de chocolate no triángulo e o enrolamos facendo a forma do croissant:


 5º-Batemos o ovo:



6º-Pintamos os croissants co ovo:




E xa están listos para meter no forno!!!!


  Esperamos 10 - 15 minutos...


E....voilá!!!!! 


A primeira fornada lista!!! E a verdade e que teñen moi boa pinta... 



Pois ata aquí o noso taller de cociña!!!
Esperamos  que o pasásedes tan ben coma nós e vos animedes a facelo na vosa casa.
Un saúdo e ata pronto!!  

lunes, 29 de octubre de 2012

TALLER DE COCIÑA

Comezamos a nosa viaxe polo mundo da man de Madlenka. Estamos en Francia e coñecimos ao mellor pasteleiro que se chama Gastón. Con el aprendimos a facer uns estupendos postres, pero antes de vos amosar o ben que o fixemos, aquí tedes un adianto do guap@s que estamos co uniforme de cociñeir@s:

Máis adiante desvelaremos a receita que nos indicou Gastón e que elaboramos aquí, na nosa escola.
Ata pronto!!!
 Saúdos!!!

jueves, 25 de octubre de 2012

MÁIS CABAZAS!!

Estamos encantados con tantas cabazas!!! 
Hoxe uníronse á nosa exposición dúas novas. Aquí as tedes:

Sara Baroso

Alba Romero

Sara Manteiga

Miguel

Cantas Cabaziñas!!!!



Moitas gracias pola vosa colaboración. 
Un saúdo!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

SAMAIN


Como sabedes  estamos preparando o  samaín , para o que  quixemos contar coa vosa colaboración. 
Aqui tedes unha mostra das cabazas tan terroríficas e orixinais que van chegando!!!!


ANA

CANDELA

LEIRE

ELBA

ANDRÉS

ALEJANDRA

ALBA LÓPEZ

Miriam

Moitas gracias por colaborar...esperamos máis cabazas para completar a exposición!!!
Saudiños!!!