miércoles, 2 de octubre de 2013

Xa estamos en marcha!

Nun tris tras rematou setembro e entramos en outubro.

             Os círculos de Guísamo xa estamos adaptados/as á nosa nova aula e vimos con moitas ganas ao cole.

             Este luns, despois de contar as anécdotas da fin de semana no noso faladoiro diario (como nos gusta!), tivemos unha sorpresiña.

            As profes trouxeron unhas plantiñas moi chulas para a clase.
Estivemos a mirar as súas follas, as cores das flores e buscámoslles un sitio na aula.

        Chegamos a un acordo: o encargado ou encargada do día deberá regalas con agarimo. Así, coidarémolas entre todos/as para que medren bonitas.


             Mirade que lindas!




                Despois da novidade das plantas, tivemos que resolver un "gran" problema que nos xurdiu.

        Resulta que todas as mañás buscamos o nome do día que é, a foto do tempo e máis a da estación na que estamos, peeeeero non tiñamos onde colocalo. Así que, decidimos elaborar un panel.
 Para iso, fixemos un gran traballo.


         Concentrámonos moito e buscamos as letras que nos facían falta. Como aínda non as coñecemos, fomos buscando as que se parecían ao modelo que nos ensinaron as profes. Que ben o fixemos!
























Mirade que ben nos quedou.


Unha aperta a todos/as! Seguiremos contándovos as nosas aventuras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario