Hoxe atopamos unha cousa na nosa caixa das sorpresas...
Chegamos á conclusión de que é un "cadro" ou "unha foto" ...mais non sabemos quen o pintou... "Un pintor de lonxe" dixo Nerea, pero queremos saber máis.
ALGUÉN NOS PODE AXUDAR?? Esperamos respostas!
Oja, circuliños. Somos os veciños do lado e queremos facer algo por vós. Xa sabemos quen é o pintor. Chámese ARCIMBOLBO. Temos dous direccións ... Unha do blogue do CRA, Pintuireiro: http://pintureiro.blogspot.com.es/2012/03/benvida-primavera.html
ResponderEliminare outra da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Arcimboldo
Esperemos que vos axuden a descubrir a ese pintor italiano. Bicos e apertas mooooi grandes.
Ola!! Xa vexo polo voso blogue que estades a traballar e aprender moito. Creo que vos podo axudar nas vosas pescudas...sei que na clase das bolboretas de Carrio falaron dese artista e fixeron uns traballos moi chulis que podedes ver neste enlace : http://destinosaleta.blogspot.com.es/2013/09/arcimboldoese-incrible-artista-italiano.html
ResponderEliminar¡¡Biquiños e ata pronto!!
Moitísimas grazas aos compis e profe da Aula dos Cadrados e á profe de Audición e Linguaxe. A vosa axuda serviunos de moito. Xa puidemos saber que é un pintor de Italia (un país de moi lonxe) e que o seu nome é Arcimboldo (intentamos pronuncialo varias veces e foi ben complicado).
ResponderEliminarEncatounos ver o vídeo en 3D que teñen no blogue da Escola de Carrio.
GRAZAS!!! Apertas!