martes, 15 de octubre de 2013

"Vén onda nós o outono dacabalo do aire"...



      Pouco a pouco, imos afacéndonos ás rutinas da nosa aula coas que aprendemos , case sen querer, un montón de cousas novas.

      Pero, ademais, estes últimos días, tivemos tempo de facer outras actividades coas que desfrutamos moito.

                                 Queremos compartilas con vós.





Cos produtos de outono que trouxeron as familias pasámolo en grande.

E non só iso, senón que foron unha enorme fonte de aprendizaxes.











 Entre outras cousas, traballamos lóxica-matemática observando
                           as cores das follas, o seu tamaño, clasificando, comparando...




      Xa comprobamos que os ourizos pinchan moito, así que intentamos abrilos cos pés (calzados!)...






         Foi divertido ver saír as castañas!







    E mirade o que se nos ocurriu... se poñemos as follas na cabeza...parecemos o cadro de Arcimboldo!!! Xenial descubrimento!

                              Grazas, familias, pola vosa colaboración!        
            
 O millo tamén nos serviu para traballar con letras e números de xeito contextualizado e significativo: as letras para buscar cales son as da palabra MILLO, e os números para secuenciar o proceso de elaboración do pan.

 




Bicos e apertas!!!

1 comentario:

  1. Que ben o facedes, chic@s, así da gusto ir pola vosa aula e compartir con vós novas cancións e axudarvos a ver doutro xeito, neste caso musical, iso do outono, as castañas e o magosto, biquiños

    ResponderEliminar