viernes, 19 de junio de 2020

VENRES 19 DE XUÑO

FIN DE CURSO


Bo día familias!!!
Hoxe remata este curso tan atípico e único que transformou as nosas vidas dende o mes de marzo!
Conseguimos aguantar na casa confinados, traballar coas novas tecnoloxías, intentar facer que as actividades estiveran adaptadas e preparadas dun xeito que vos facilitase o traballo....pero sempre cun ordenador ou tablet ou mesmo teléfono, estivemos conectados diariamente ata o día de hoxe.

Moitas grazas por estar ahí, ao outro lado, por contactar como si fose na porta da escola para as dúbidas que aparecían...e, sobre todo, por colaborar da maneira que o fixéchedes. 

Non vos esquecimos nin un só día... e por iso, vos deixamos aquí unha pequena mostra do noso cariño, e agradecemento. E coa esperanza de vernos en setembro!!!





Como tivemos compañeir@s que non puideron celebrar o seu cumple con todos nós na nosa aula, quero desde aquí facer unha pequena celebración para todos eles. 




Que pasedes un verán maravilloso. Unha aperta moi moi moi grande para @S CIRCULIÑ@S .

jueves, 18 de junio de 2020

XOVES 18 DE XUÑO

Como comentaba onte, hoxe tedes tamén o tempo que necesitedes para rematar ese debuxo de final de curso. 
Agradecería que ao longo da tarde de hoxe, os que queirades, o enviedes ao correo de aula.

E para os que rematáchedes a actividade ou nos vos apetece facela, deixamos aquí un xogo co que seguir practicando a numeración. 
Neste caso escolleredes un poliño ao que teredes que guiar ata o outro lado do estanque. Hai que recoñecer o número que aparece e marcar no grupo de follas que ten esa cantidade.


MOITO ÁNIMO!!!!



miércoles, 17 de junio de 2020

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Ola familias. 
Estamos no ecuador da última semana do curso, e quería que hoxe e mañá o adicárades a facer un debuxo, collage, ou unha pintura, na que quede reflexado, de algún xeito, este curso tan atípico que remata. 
Sería en tamaño folio e se o puideses mandar ao correo de aula, poderíamos facer unha pequena presentación para vela o venres. 
Se vos animades, estariamos encantados de compartila con tod@s.
 Gracias, coma sempre, pola vosa colaboración.


Para non perder o ritmo, se vos apetece seguir con algún xogo, aquí tedes uns enlaces que espero que vos resulten útiles e divertidos.





MOITO ÁNIMO!!!


martes, 16 de junio de 2020

MARTES 16 DE XUÑO

Bo día!! 
Seguimos cos xogos!! 

No primeiro xogo, tedes que ir rascando co rato ata descubrir cal é o debuxo está escondido...



Neste segundo xogo, arrastramos o número ata o recuadro que ten a mesma cantidade de cuadrados. A medida que se vai avanzando, sucederá algo...



No último xogo de hoxe, tedes varios quebracabezas. Podedes escoller según a temática que máis vos apeteza. 


Espero que os disfrutedes e, coma sempre...

MOITO ÁNIMO!!!

lunes, 15 de junio de 2020

LUNS 15 DE XUÑO

Ola familias. Hoxe empeza a última semana do curso. 
Intentaremos que sexa o máis amena posible e por iso vos invitamos a xogar un pouco.





Espero que vos gusten. 

MOITO ÁNIMO!!

viernes, 12 de junio de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Chegamos ao fin de semana!!! 
Espero que con moitas ganas xa que temos unhas manualidades de reciclaxe e temática de verán que creo que vos resultarán moi divertidas. 
Aquí tedes o enlace. 


Se vos animades a facer algunha espero que mandedes algunhas fotos!!!!! 

MOITO ÁNIMO E BOA FIN DE SEMANA.


jueves, 11 de junio de 2020

JOVES 11 DE XUÑO

Bo día circuliños. Espero que vaia todo ven e que estedes disfrutando das actividades que subimos ao blogue.

 Para seguir traballando as emocións, temos este xogo de parellas:


Emparejamos con la emoción que se escuche
Traballamos  as posicións dos obxectos:


POSICIONES

Espero que vos divirtades...

Moito ánimo!!!


miércoles, 10 de junio de 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Ola circuliños!!!
Xa estamos na metade da semana e seguramente estades con ganas de xogos...
Aquí vos deixo unha selección deles para que escollades e/ou os fagades todos!!!!!




COMPLETAMOS AS SERIES SEGÚN ESTÁN NO EXEMPLO


COLOCAMOS OS XOGUETES IGUAL QUE NO EXEMPLO


EMPARELLAMOS A PROFESIÓN COAS FERRAMENTAS QUE NECESITAN
Espero que vos divirtades.

MOITO ÁNIMO!!!
                      

martes, 9 de junio de 2020

MARTES 9 DE XUÑO

Bo día a tod@s. 
Cómo ides cos contos e actividades de valores? Espero que vos esté gustando a actividade e fagades uns debuxos dos protagonistas estupendos. 
Como o imos traballar no próximo curso, podedes gardalos e así os vemos cando esteamos de volta.

Hoxe quero repasar con vós un pouco de lectoescritura, para iso temos uns exercicios de grafo para ir acostumando a man ao trazo e que sexa máis fácil a escritura en xeral.






Seguro que o facedes moi moi ben... 
Agora imos repasar o trazo das vogais que xa coñecemos.


MOITO ÁNIMO!!!

lunes, 8 de junio de 2020

LUNS 8 DE XUÑO
Bo día!!!! 
Qué tal o fin de semana? 
Espero que disfrutárades moito e recuperárades forzas para toda a semana.

Hoxe seguimos cos contos de valores...e os debuxos dos seus protagonistas.
Tamén repasaremos un pouco de matemáticas!!!! 





MOITO ÁNIMO!!!

viernes, 5 de junio de 2020

VENRES 5 DE XUÑO

Rematamos a primeira semana de xuño... seguimos cos contos de Valores e conseguindo medallas!!

Tamén faremos un pouco de lóxica-matemática.







MOITO ÁNIMO!!!

miércoles, 3 de junio de 2020

XOVES 4 DE XUÑO

Bo día circuliños.
Espero que vos gusten os contos de valores e que vaiades a pouquiño con eles.

Hoxe seguimos coa lectoescritura, traballando a vogal U nunha ficha que podedes adxuntar ao voso libro.


MOITO ÁNIMO!!

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Bo día a tod@s. 
Estamos xa na metade da semana e como vexo que vos gustan as actividades online, aquí vos deixo algunha para hoxe.

Imos traballar sobre uns contos da ESCALEIRA DE VALORES:

-RESPETO
-COMPAÑERISMO
-TOLERANCIA
-IGUALDAD
-AUTOESTIMA
-DIVERSIDAD

Despois de escoitar cada conto, tedes unhas preguntas para contestar. Se a resposta é correcta, obteredes unha medalla. Así con cada conto.
Cada día faredes un e gardades o resultado ata o día seguinte. Non os fagades todos o mesmo día, xa que son un pouco extensos. 



Cando rematedes cada conto, podedes facer un debuxo de cada personaxe, e co valor que se traballa escrito coa axuda dun adulto.

MOITO ÁNIMO!!!!


martes, 2 de junio de 2020

MARTES 2 DE XUÑO

Bo día familias.
Hoxe preparamos unha ficha de lectura, copia, dictado... a podedes usar de diferentes maneiras, como fixemos coas anteriores.




E para rematar... uns xogos moi divertidos!!!





ESPERO QUE VOS GUSTE.
MOITO ÁNIMO!!





lunes, 1 de junio de 2020

LUNS 1 DE XUÑO
Bo día a tod@s.
Comezamos o mes de xuño e con él o último mes deste curso tan extraordinario...
Desexando volver á normalidade e que poidades disfrutar tod@s xuntos do verán.
Hoxe dedicaremos a xornada a xogar...que vos parece? 
Pos imo aló!!!







Moito ánimo!!!!!

viernes, 29 de mayo de 2020

VENRES 29 DE MAIO

Bo día a tod@s. Chegou o venres e case o remate do mes de maio.
Para poder despedir este mes imos xogar cos materiais que a natureza nos deixa nesta época do ano.*

FAREMOS CARAS REPRESENTANDO AS EMOCIÓNS 


Moi sinxelo:
-Necesitamos cartón, cartulina ou un papel de periódico que recortaremos en óvalos facendo varias caras.
-Recollemos materiais como follas, hervas, pauiños, flores...
-Un pouco de la ou cordón ou simplemente tiras de papeliños de cores para facer os peiteados.
-Unhas tesoiras...
-E moita imaxinación.


ESPERO, COMO SEMPRE, AS FOTOS DOS RESULTADOS.

MOITO ÁNIMO!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

XOVES 28 DE MAIO

Bo día familias.
Imos comezar a lectoescritura coas vogais que xa aprendimos: U, A, I.
Nestas fichas que vos deixo aquí, podedes traballar a lectura e a escritura mediante copia, dictado...escoitando,buscando e recoñecendo os sons que nos indican mamá, papá ou a persoa que traballe co cativ@.
Estas fichas as podemos incluir no libro de lectoescritura que estamos a facer.











E para rematar déixovos dous enlaces para que fagades actividades sobre animais de granxa e domésticos.



MOITO ÁNIMO!!!


MÉRCORES 27 DE MAIO

Ola a tod@s.
A profe Mónica nos convida a facer unha actividade moi interesante.
Se premedes na imaxe seguinte, iredes a un vídeo do conto "El Rebaño".



Unha vez visto o conto, faremos as seguintes actividades:

1.-Faremos 10 ovelliñas como o modelo que vos deixo aquí, e se pega nun depresor ou algo que teñades por casa.





                  
2.-Escribimos os números do 1 ao 10 e ordeamos as ovellas. Pegamos tantas boliñas de algodón como indique o número.

3.-Creamos un selo cunha patata. Podes axudarte dalgún molde ou facelo a pulso cun coitelo. O debuxo será unha folla, alimento das ovellas.


Para esta actividade necesitaremos dous dados ( tapa a cara dos seis puntos para que non supere a cantidade 10 coa suma de ambos).

4.- O XOGO: lanzamos os dados e facemos tantas estampacións como indican os puntos dos dados e logo, dibuxa a grafía do número correspondente.
Por exemplo: O neno/a tira os dados e lle sae 8, conta os puntos. Para crear a historia lle decimos que "A ovelliña come 8 follas e lle pedimos que faga 8 estampacións de follas nun folio. 


Espero que o disfrutedes.
MOITO ÁNIMO!!!!






martes, 26 de mayo de 2020

MARTES 26 DE MAIO

Bo día circuliños.
Hoxe martes seguiremos facendo actividades online.
A primeira que temos é sobre as emocións. Sabemos que para os cativ@s non é fácil distinguir todas as emocións, por iso queremos empezar a recoñecer as máis sinxelas para, o próximo curso, afondar máis nelas co proxecto que tiñamos comezado coas caixas das emocións.

Premendo na imaxe iredes a unha actividade para clasificar as situacións e as emocións.




Para seguir traballando matemáticas, convídovos a facer este xogo de colocar as cantidades co número que lle corresponde.

Como sempre, premendo na imaxe, iredes á actividade en cuestión.



Espero que disfrutedes das actividades. 
Moito ánimo!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

LUNS 25 DE MAIO

Bo día familias. Esperamos que estedes ben e que puidésedes disfrutar da fin de semana soleada que tivemos.

Hoxe seguimos con animais. 
Déixovos uns xogos para traballar o tema.








Espero que os disfrutedes.
Moito ánimo.

viernes, 22 de mayo de 2020


VENRES 22 DE MAIO

Bo día familia!!!!
Seguimos cos animais de graxa. 
Aquí tedes un enlace a un vídeo con animais domésticos e de graxa para que os podades recoñecer.



E para xogar un pouco, se premedes no seguinte enlace tedes un loto para emparellar animais coa súa vogal inicial.
https://learningapps.org/display?v=pw8e3hwot20

Esperamos que disfrutedes das actividades e, por suposto, da fin de semana.

jueves, 21 de mayo de 2020

XOVES 21 DE MAIO


Bo día circuliños.

Imos repasar lectoescritura cunhas actividades moi sinxelas.


Para completar no noso libro de lectoescritura vos deixo unhas imaxes coa vogal U maiúscula.




Por último tedes un enlace para facer un xogo de parellas.


MOITO ÁNIMO!!!!