miércoles, 29 de abril de 2020

MÉRCORES 29 DE ABRIL

Hola circuliños!!!

Hoxe tiven a sorte de falar con algún de vos e ver esas cariñas que tanto boto de menos cada día. 
Encántame ver que estades ben e disfrutando facendo actividades e xogando moito.

Aquí tedes un enlace dun xogo sinxelo de emparellar cores. Espero que vos guste e así, poder ir elaborando máis.


 Moito ánimo e ata mañá. 💪

martes, 28 de abril de 2020

MARTES 28 DE ABRIL

Bo día a tod@s. Esperamos que estedes tod@s ben e con ánimo para seguir a semana.
Onte falamos dunha actividade que nos enviou a profe Mónica.
Para facela necesitábamos hueveiras de cartón para recortar os cubiletes. 
Unha vez recortados se colorean das seguintes cores: vermello, negro, amarelo, azul e verde.
Traballaremos a lóxica-matemática con esta actividade: 

1.Imprimir as tarxetas e recortalas.
2.Intentar reproducir as figuras cos cubiletes.

Non é necesario imprimir se non tedes opción, podedes facer vós con eles as tarxetas. 
Ao principio lles levará máis tempo facelo pero, a medida que vaian practicando, o farán en menos tempo. 
Podedes aproveitar para inventar novas tarxetas e facer un "reto familiar" para ver quen acaba antes.







E agora, para seguir coa lectoescritura, déixovos unha ficha da letra I. Recordades o nome do amigo de clase que empeza pola I?
Claro que sí...IKER!!!!!!
Pois hoxe faremos o seu debuxo, repasando a vogal I maiúscula e gardando a ficha no noso libro das vogais.


Espero que pasedes un feliz día.
Moito ánimo!!!!!

                       



lunes, 27 de abril de 2020

LUNS 27 DE ABRIL

BO DÍA A TOD@. 

Hoxe queremos repasar o conteo. Para iso temos unhas imaxes que tedes que contar e colorear o recadro ou o número que sexa o correcto.


Para avanzar na lectoescritura, xa que a vogal A está máis que dominada.... quero presentaros outra vogal:




 Recoñecedes esta letra? Haberá algún nome de compañeiro/a que empece por I?
E cántos haberá que a leven no medio ou final do seu nome?
Ide investigando....
...pero sobre todo, disfrutade e moito, moito ánimo. 


viernes, 24 de abril de 2020

VENRES 24 DE ABRIL

Ola familias!! 
Espero que onte disfrutárades do día do libro compartindo coa biblioteca do Cra as diversas actividades propostas. A sorpresa que tiña preparada Bieito foi estupenda... gracias ao voso traballo e, por suposto, ao traballo da profe Eva.

Hoxe, xa ás portas da fin de semana... vos convidamos a que votedes un vistazo a estas actividades e se vos parece as repasamos para poder avanzar a vindeira semana.

Repasamos os trazos das abellas e coloreamos todo o que poidamos.



Podemos rodear as  vogais A maiúscula e colorear os sacos...


Completamos as simetrías das xoaniñas.


Moitas grazas e boa fin de semana.

MOITO ÁNIMO



jueves, 23 de abril de 2020

23 de Abril    DÍA DO LIBRO

Bo día circuliños!!!! 
Hoxe se conmemora o día do libro. E sabedes por qué?

Foi un 23 de abril cando algúns dos célebres escritores faceleron. Entre eles están: 

MIGUEL DE CERVANTES
WILLIAM SHAKESPEARE
GARCILASO DE LA VEGA.

Autores que no vindeiro curso traballaremos un pouquiño.
Miguel de Cervantes escribiu una obra titulada "Don Quijote de la Mancha" na que un fidalgo cabaleiro vive mil aventuras acompañado do seu escudeiro Sancho Panza.
Se facedes memoria seguro que vos acordades dos debuxos que tiñamos a principio de curso no taboleiro. Son ilustracións da obra que fixeron antigos circuliños.


Neste enlace, podedes ver a cabeceira da serie coa canción. 
Animádevos a coñecer a este famoso fidalgo. Vos sorprenderedes moito!

Por outro lado, quería convidaros a facer unha manualidade da que estamos a disfrutar xa na casa...facendo uns marcapáxinas chulísimos. Necesitaredes a axuda dun adulto pero de seguro que vos encantará!


MOITO ÁNIMO




miércoles, 22 de abril de 2020

MÉRCORES 22 DE ABRIL

Ola familias. 
Hoxe vos invito a que sigades coas simetrías.
Pouco a pouco veredes que se lles dan de maravilla.
Ánimo!!!!


Un pouco de grafomotricidade...



E sólo me queda unha mensaxe que nos mandou Bieito ás titoras:

COMO MAÑÁ É O DÍA DO LIBRO...BIEITO QUERE QUE HOXE VISITEDES O BLOGUE DA BIBLIOTECA QUE VOS TEN QUE PEDIR UNHA COUSIÑA....
XA ME CONTAREDES ESE SEGREGO.

Moita sorte e ata mañá

martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL

Bo día familias. 
A profe Marisol peidunos que vos mandáramos un saúdo e tamén quere compartir unhas actividades con todos vos.
Aínda que é a profe de relixión, nos envía uns enlaces que traballan valores, polo que podedes facelos todos se queredes.




Neste enlace tedes un conto titulado "QUÉ ES EL AMOR"



Aquí vos deixa tamén unha ficha relacionada co conto.


No seguinte enlace podedes coñecer unha historia sobre o señor cuadrado e os seus amigos, as formas xeométricas.




https://aulasgalegas.org/un-bico-porque-si/


E por último pero non menos importate, a profe Marisol vos agasalla con todo cariño, e merecéndoo moito todos vos...
un diploma no que se vos recoñece a vosa valentía, demostrando que sodes capaces de sobrelevar unha situación tan excepcional coma a que estamos a vivir.

Espero que disfrutedes con toda esta información que vos envía a profe Marisol. 
Moitas grazas e moito ánimo.

lunes, 20 de abril de 2020

LUNS 20 DE ABRIL

BO DÍA CIRCULIÑOS!!!!!!
Comezamos unha nova semana e espero que con moitas ganas.

Que vos parece si facemos un repaso do 1 ao 3?

E aquí vai unha adiviña que de seguro vos será moi doada...



Por último e como novidade... SIMETRÍAS! Espero que vos pareza interesante porque tentaremos facer varias este trimestre.



Moito ánimo!!!!!
Ata mañá!



viernes, 17 de abril de 2020

Bo día e feliz venres.

Que vos parece se esta xornada a adicamos a completar un pouco máis o noso libro das vogais?

Nesta ficha que vos propoño, o primeiro que tedes que facer é recoñecer os nomes dos compañeiros e compañeiras da aula dos círculos. Unha vez que xa os temos todos, rodearemos aqueles nomes que levan a vogal A. Debedes buscala por todo o nome, xa que pode estar ao principio, no medio, ao final, repetida...

Se vos animades encantaríame que intentárades copialos nunha páxina do libro pouco a pouco e con axuda... e que vos parece se facemos un debuxo de cada compañerio/a que teña esa vogal no seu nome? 

RECORDADE QUE NON É NECESARIO FACER TODO NUN MESMO DÍA!!!!



Esperamos e desexamos que pasedes unha boa fin de semana.




jueves, 16 de abril de 2020

XOVES 16 DE ABRIL

Bo día  a todos os circuliños.
Hoxe vos convidamos a facer uns quebracabezas online. 
Para facelos simplemente premedes no seguinte enlace que vos levará a unha páxina na que podedes facer os quebracabezas de letras. 
Empezaremos por facer os da letra A



Esperamos que disfrutedes con esta actividade. Mañá voltamos. 
Cuidádevos moito.

miércoles, 15 de abril de 2020

MÉRCORES 15 DE ABRIL


Bo día familias. 
Hoxe deixamos unhas actividades de grafomotricidade para que repasen os trazos e que despois utilicen os trazos adquiridos para facer algún debuxo con eles.







Por outra parte, podedes descargar estas láminas da vogal A para adxuntar ao libro das vogais que estades a facer.
Non é necesario que os imprimades. Simplemente utilizádeas de exemplo e podedes debuxar cos cativ@s e facer a grafía correspondente.






Moito ánimo e ata mañá.

martes, 14 de abril de 2020

MARTES 14 DE ABRIL

BO DÍA A TOD@S
PASADA XA A PASCUA, VOLTAMOS CON MOITAS GANAS DE COMEZAR O TERCEIRO TRIMESTRE COS CIRCULIÑOS.

ESTA SEMANA A ADICAREMOS UN POUCO A REPASAR O QUE XA DIMOS, CON CONCEPTOS NOVOS PERO QUE DE SEGURO LLES SON FAMILIARES.

A ENTRADA DE HOXE NO BLOGUE SE CENTRARÁ NAS FORMAS XEOMÉTRICAS: CÍRCULO, CADRADO E TRIÁNGULO. 
@S CATIV@S AS DISTINGUEN MOI BEN XA QUE NA ESCOLA DE GUÍSAMO AS AULAS SE DIFERENCIAN POR ESTAS TRES FORMAS XEOMÉTRICAS.

PARA COMEZAR, VOS CONVIDO A QUE VEXADES ESTE ENLACE NO QUE SE PODEN APRENDER AS FORMAS XEOMÉTRICAS.


O QUE VOS PROPOÑEMOS A CONTINUACIÓN, SON TRES TRABALLOS DE GRAFOMOTRICIDADE, REPASAMOS AS FORMAS XEOMÉTRICAS, PODEMOS RECORTALAS E COLOREALAS, E FACER FIGURAS CON ELAS.










MOITO ÁNIMO E ATA MAÑÁ


jueves, 2 de abril de 2020

XOVES 2 DE ABRIL 2020

Bo día a tod@s
Hoxe xoves vos animamos a traballar un pouco de lectoescritura e primavera...


... e lóxica-matemática




Ata mañá e que teñades un bo día.

MOITO ÁNIMO


miércoles, 1 de abril de 2020

MÉRCORES 1 DE ABRIL 2020

BO DÍA CIRCULIÑOS
COMEZAMOS O MES DE ABRIL CUN NOVO RETO: IMOS FACER UN LIBRO DO ABECEDARIO, POUQUIÑO A POUCO E COMEZANDO POLAS VOGAIS.
A EXPLICACIÓN XA VOLA EXPOÑO NO CORREO ELECTRÓNICO.
TODAS AS FICHAS  QUE FAGAMOS AS IREMOS INCLUÍNDO NESE LIBRO QUE SEGUIREMOS A COMPLETAR OS VINDEIROS CURSOS.

PARA HOXE DÉIXOVOS UNHAS FICHAS DA VOGAL A. 
ESPERO QUE DISFRUTEDES FACENDO ESTE LIBRO.






MOITO ÁNIMO.
ATA MAÑÁ