lunes, 26 de mayo de 2014

PAN, PARAPÁN.





Aquí tendes algunha foto da nosa xornada de panadeiros/as. 
Foi xenial! 

Como vedes, foi unha sesión ben completa. Por unha parte, todo o que aprendemos co proceso de elaboración do pan (ingredientes, cantidades, amasado, tempos de espera...), pola outra, a confección das bolsas co material que nos preparou Marta (traballando pintado, cosido, creatividade...).




Mil grazas a Benjamín e a Marta, os pais de Noé, por levar a cabo esta actividade tan enriquecedora. 

viernes, 16 de mayo de 2014

HOMENAXE A DÍAZ CASTRO.




ESMERALDA 

Herba pequerrechiña, 
que con medo sorrís 
ó sol que vai nacendo 
e morrendo sen ti. 
Por que de ser pequena 
te me avergonzas ti?

O Universo sería 
máis pequeno sen ti!






DÍAZ CASTRO from Laura on Vimeo.