viernes, 4 de julio de 2014

CONCERTAZO!




                                 Aquí van as fotos do concerto que nos ofreceron Elba e Javi, os pais de Alma. 
Soaron estupendamente a guitarra eléctrica  e o acordeón!!! 




CONCERTO from Laura on Vimeo.


Moitas grazas a Elba e Javi pola súa música!!! Encantounos!!


martes, 1 de julio de 2014

BÓLAS MÁXICAS!





                     Moi fermosa a manualidade coa que nos sorprenderon Mónica e Noelia, as nais de Alba e Luján. 

                     Moito nos gusta a purpurina! Mirade que ben o fixemos. 




VISITA MÓNICA E NOELIA from Laura on Vimeo.

                Moitas grazas a Noelia e Mónica pola súa                                       visita!!!!! 

O NOSO "PHOTOCALL" PARTICULAR

                              




           Foi ben divertida esta sesión de fotos con Ana, a nai de Noa. 
           Escollemos os complementos que máis nos gustaron e posamos como os mellores modelos. 
              

         


Película from Laura on Vimeo.


Moitísimas grazas a Ana por esta actividade e pola orla tan fermosa que nos regalou.


jueves, 19 de junio de 2014

"PIZZEANDO"

     




       Nestas últimas semanas de curso, levamos a cabo na nosa aula un montón de actividades coas familias.
       Vou ir compartindo, aínda que cun pouco de retraso, as fotos desas xornadas.


           Aquí, a nosa experiencia cociñando pizzas. 



PIZZAS from Laura on Vimeo.


Unha vez máis, moitas grazas a Marta e Benjamín por esta actividade. Tamén a Fernando que fixo de reporteiro gráfico ese día. 


jueves, 5 de junio de 2014

PLANTAMOS XUDÍAS!


                                     Vaia plantación de xudías que temos na nosa aula!

E todo grazas ao pai de Antía, Fernando, que veu a facer esta actividade con nós.

     Xa podedes imaxinar a cantidade de cousas que aprendemos con esta visita: os pasos da plantación, as cantidades de area e de sementes, os coidados que precisan as plantas, a necesidade de esperar para velas medrar, etc.

Aquí tendes algunha fotiño.



VISITA PAI ANTÍA3 from Laura on Vimeo.



Moitísimas grazas a Fernando!!!!! 





lunes, 26 de mayo de 2014

PAN, PARAPÁN.





Aquí tendes algunha foto da nosa xornada de panadeiros/as. 
Foi xenial! 

Como vedes, foi unha sesión ben completa. Por unha parte, todo o que aprendemos co proceso de elaboración do pan (ingredientes, cantidades, amasado, tempos de espera...), pola outra, a confección das bolsas co material que nos preparou Marta (traballando pintado, cosido, creatividade...).




Mil grazas a Benjamín e a Marta, os pais de Noé, por levar a cabo esta actividade tan enriquecedora. 

viernes, 16 de mayo de 2014

HOMENAXE A DÍAZ CASTRO.




ESMERALDA 

Herba pequerrechiña, 
que con medo sorrís 
ó sol que vai nacendo 
e morrendo sen ti. 
Por que de ser pequena 
te me avergonzas ti?

O Universo sería 
máis pequeno sen ti!






DÍAZ CASTRO from Laura on Vimeo.