O martes 30 fixemos unha saída para celebrar o Magosto. Antes de degustar as castañas, o Concello nos convidou ao edificio da Senra para disfrutar dun espectáculo do grupo Matapiollos e deseguido visitamos o CPI Cruz do Sar para ver a exposición das cabazas que fixeron.
Todos preparados e sentados no autobús!!
Cando chegamos á Senra, facemos unha fila para poder entrar e sentarnos sen molestar!!!
Despois da actuación, dimos un paseo ata o cole CPI Cruz do Sar. Alí nos convidaron a ver unha exposición de cabazas que fixeron entre tod@s.
E algún pasou un pouco de medo!!!!
Por fin imos degustar as castañas do Magosto!!! Menudo solete que facía!!!
Alí estaba o castañeiro asando as castañas...
A comer as castañas!!!
...e despois de tanta castaña e o batido... a xogar un pouco!!!
Unha foto de tod@s os alumn@s do CRA
A verdade é que o pasamos fenomenal, e esperamos poder compartir con todos vos, moi pronto, máis experiencias.
Saudiños e ata pronto!!!!!
Tivemos un magosto ben divertido e pasámolo estupendamente. Vémonos mañá ¡¡unha aperta!!
ResponderEliminarMoi ben o pasamos, verdade? E que ben vos portáchedes. Estou superorgullosa do maiores e responsables que sodes. Bicos!!!
ResponderEliminar