miércoles, 27 de mayo de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO

Ola a tod@s.
A profe Mónica nos convida a facer unha actividade moi interesante.
Se premedes na imaxe seguinte, iredes a un vídeo do conto "El Rebaño".



Unha vez visto o conto, faremos as seguintes actividades:

1.-Faremos 10 ovelliñas como o modelo que vos deixo aquí, e se pega nun depresor ou algo que teñades por casa.





                  
2.-Escribimos os números do 1 ao 10 e ordeamos as ovellas. Pegamos tantas boliñas de algodón como indique o número.

3.-Creamos un selo cunha patata. Podes axudarte dalgún molde ou facelo a pulso cun coitelo. O debuxo será unha folla, alimento das ovellas.


Para esta actividade necesitaremos dous dados ( tapa a cara dos seis puntos para que non supere a cantidade 10 coa suma de ambos).

4.- O XOGO: lanzamos os dados e facemos tantas estampacións como indican os puntos dos dados e logo, dibuxa a grafía do número correspondente.
Por exemplo: O neno/a tira os dados e lle sae 8, conta os puntos. Para crear a historia lle decimos que "A ovelliña come 8 follas e lle pedimos que faga 8 estampacións de follas nun folio. 


Espero que o disfrutedes.
MOITO ÁNIMO!!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario