martes, 28 de abril de 2020

MARTES 28 DE ABRIL

Bo día a tod@s. Esperamos que estedes tod@s ben e con ánimo para seguir a semana.
Onte falamos dunha actividade que nos enviou a profe Mónica.
Para facela necesitábamos hueveiras de cartón para recortar os cubiletes. 
Unha vez recortados se colorean das seguintes cores: vermello, negro, amarelo, azul e verde.
Traballaremos a lóxica-matemática con esta actividade: 

1.Imprimir as tarxetas e recortalas.
2.Intentar reproducir as figuras cos cubiletes.

Non é necesario imprimir se non tedes opción, podedes facer vós con eles as tarxetas. 
Ao principio lles levará máis tempo facelo pero, a medida que vaian practicando, o farán en menos tempo. 
Podedes aproveitar para inventar novas tarxetas e facer un "reto familiar" para ver quen acaba antes.







E agora, para seguir coa lectoescritura, déixovos unha ficha da letra I. Recordades o nome do amigo de clase que empeza pola I?
Claro que sí...IKER!!!!!!
Pois hoxe faremos o seu debuxo, repasando a vogal I maiúscula e gardando a ficha no noso libro das vogais.


Espero que pasedes un feliz día.
Moito ánimo!!!!!

                       



No hay comentarios:

Publicar un comentario