lunes, 16 de marzo de 2020


LUNS 16 DE MARZO 2020


Bo día circuliñ@s
Antes de nada darvos as grazas polo esforzo que estades a facer neste período excepcional.
Entre tod@s imos facer que sexa o máis levadeiro posible e sabede que sempre podedes contar coa miña axuda, a través do correo electrónico.

Para facer mais levadeira a situación e que os cativ@s poidan seguir en contacto con contidos e temas escolares irei publicando a través do blogue e correos electrónicos, propostas de actividades para facer: 

Algunha tarefa imprimible
Enlaces a vídeos
Ideas de actividades...

Isto non quere dicir que sexan obrigatorias, pero sí é recomendable facer algunha cousiña, xa que son moitas horas na casa e vén moi ben ter as cabeciñas ocupadas.

Estamos a organizar todo isto para poder publicar e enviarvos; ao longo do día de hoxe xa veredes algo.

A través do noso blogue podedes ver os contidos dos blogues dos especialistas  e ter información e unha guía de tarefas.

A idea é publicar diariamente sempre e cando o colapso das redes non o impidan.

Moito ánimo para todas as familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario