martes, 31 de marzo de 2020


MARTES 31 DE MARZO 2020

BO DÍA CIRCULIÑOS
QUE VOS PARECE SE NOS ANIMAMOS COA LECTOESCRITURA?
COMO SABEDES, QUEREMOS APRENDER PARTINDO DOS NOMES DOS COMPIS DE CLASE. MÁIS ADIANTE OS ASOCIAREMOS A UN ANIMAL CON ESA LETRA E, POUCO A POUCO, APRENDEREMOS UN MONTÓN DE LETRAS!!!!!!

O QUE VOS PEDIMOS AQUÍ É O SEGUINTE:
-REPASAR O TRAZO DA VOGAL A SEGÚN SE INDICA.
-INTENTAR RECOÑECER OS NOMES DOS COMPIS QUE EMPEZAN POR ESA VOGAL.
(MÁIS ADIANTE IREMOS COS NOMES QUE A LEVAN POLO MEDIO OU AO FINAL) 
-COLOREAR AS MACETAS CON FLOR QUE TEÑAN A LETRA A.


COMO VEDES, SE PONEN FACER INFINIDADE DE ACTIVIDADES CON ESTA FICHA.
TAMÉN PODEDES EMPEZAR A FACER UN LIBRO DE VOGAIS.
CADA FOLLA LEVA A VOGAL A TRABALLAR E PODEDES PEGAR OU DEBUXAR PERSOAS, OBXECTOS, ANIMAIS, PLANTAS.... QUE COMECEN POR ESA LETRA.





FAMILIAS, ESPERO QUE VOS RESULTE ÚTIL E DIVERTIDO ESTE XEITO DE APRENDER A RECOÑECER AS VOGAIS.
MOITO ÁNIMO E ATA MAÑÁ

lunes, 30 de marzo de 2020

IMOS A POLA TERCEIRA SEMANA
LUNS 30 DE MARZO 2020
COMEZAMOS UNHA SEMANA UN POUCO CHUVIOSA... TEREMOS QUE ANIMALA CUNS TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA. QUE VOS PARECE?

ESTA PRIMEIRA FICHA É DE GRAFOMOTRICIDADE. NELA TEREMOS QUE MARCAR O TRAZO DE ABAIXO E DESPOIS ENCHER AS FLORES DE MOITAS CORES. 
SE VOS ANIMADES A RECORTAR OU PICAR, AS PODEDES UTILIZAR PARA SEGUIR COA DECORACIÓN DE PRIMAVERA



ESTA XOANIÑA ESTÁ PENSADA PARA QUE A USESES DE BASE. PODEDES IMPRIMILA PERO EN VEZ DE COLOREAR, PODEDES BUSCAR NA CASA COUSAS QUE TEÑAN A FORMA DAS PARTES DO SEU CORPO E REPRODUCILA CON DISTINTOS MATERIAIS...
BOTÓNS, PRATOS ,PAUIÑOS PINTADOS...
A VER QUE NOS SALE E ESPERO VER ALGUNHA FOTO DAS XOANIÑAS...


MOITAS GRAZAS E SOBRE TODO MOITO ÁNIMO PARA TOD@S. 
ATA MAÑÁN.

viernes, 27 de marzo de 2020

VENRES 27  DE MARZO

OLA CIRCULIÑ@S 
IMOS REMATAR A SEGUNDA SEMANA DE CONFINAMENTO CUN VÍDEO DUNS FANTASMIÑOS MOI DIVERTIDOS.



Recordade que tedes que imprimir os 10 fantasmiños e que podedes facer conteo do 1 ao 10 e retroconteo do 10 ata o 1.


Por último déixovos tamén  unha ficha de repaso do número 2.

Moito ánimo para todas as familias dos circuliños.
Ata o luns


jueves, 26 de marzo de 2020


XOVES 26 DE MARZO

Bo día familias
Hoxe propoñemos unha actividade de recoñecemento numérico e de conteo. 


E uns quebracabezas para poder recortar e facer cos cativ@s
Podedes facelos primeiro cos números e despois recortallos e que os fagan sen eles. Así podedes pegalo nunha folla e facerlle un marco como eles saben.




Moito ánimo e desexamos que disfrutedes tod@s xuntos coas actividades.
Ata mañá

miércoles, 25 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bo día a tod@s. Hoxe quería deixar material lúdico que, de seguro tedes moitos xogos na casa, vos axudará a traballar o conteo, as sumas e a lóxica-matemática.


Aquí tedes un pequeno taboleiro do xogo da OCA. 
Seguro que na casa tedes algún dado e fichas (que poden ser calquera cousa pequena que se poida distinguir con algo significativo).



Estas cartas nos poden servir para moitas cousas:
-Facer parellas
-Buscar a que non ten parella.
-Cronometrar e descubrir as parellas no menor tempo posible...
Seguro que se vos ocurren infinidade de recursos con elas.


Este exercicio o facemos na clase con pezas pequenas de construcción.
Fan torres coa cantidade que está representada no cuadrado.
Podedes facer variantes utilizando diferentes materiais para o conteo.

Moita sorte e mañá volveremos a estar aquí.






martes, 24 de marzo de 2020



APROVEITANDO QUE A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ VOS PROPOÑEMOS UNHAS MANUALIDADES PARA FACER NA CASA. 
RECORDADE QUE OS MATERIAIS QUE SE RELACIONAN, SON ORIENTATIVOS. DE SEGURO QUE SI NON TEDES OS APROPIADOS, TEREDES MATERIAIS PARECIDOS QUE FARÁN A MESMA FUNCIÓN, E APROVEITADES PARA TRABALLAR A RECICLAXE.





APROVEITAMOS PARA VER OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NA NOSA CONTORNA COA CHEGADA DA PRIMAVERA.


NO RESTO DOS BLOGUES PODEDES VER NOVAS PUBLICACIÓNS QUE SE FAN DIARIAMENTE E QUE NOS AXUDAN A SEGUIR A RUTINA O MELLOR QUE POIDAMOS. 

ATA MAÑÁ!!!!



lunes, 23 de marzo de 2020

LUNS 23 DE MARZO 

Bo día a tod@s.
Hoxe vos propoño uns traballiños de matemáticas, para aprender e repasar o trazo do número 2.

Aínda que xa entramos na primavera, gustaríame pechar o capítulo de inverno e máis do número 2 con estas fichas pendientes.





Con estas fichas rematamos os traballiños pendientes relacionados co segundo trimestre. 
Mañá comezaremos a primavera no noso blogue!!!!

Moito ánimo e moita sorte.

viernes, 20 de marzo de 2020

VENRES 20 DE MARZO

Bo día a tod@s. 
Hoxe deixamos aquí no blogue uns pasatempos que esperamos que sexan do voso agrado.
Como xa comentamos no mail, temos que ir pouco a pouco traballando a concentración e a memoria visual.
Moito ánimo e boa fin de semana.





miércoles, 18 de marzo de 2020

MÉRCORES 18 DE MARZO

Bo día familias.
Hoxe enviamos unhas recomendacións para traballar a grafomotricidade como vos comentei no mail que mandei.




Estas fichas nos sirven para traballar o inverno e a grafomotricidade. Se pode facer de diferentes formas:
-repasar cun lápis os círculos e logo colorealos, puntear con rotulador, pegar gomets ou boliñas de papel.
-Colorear o fondo sen tocar os círculos, decorando libremente as prendas de inverno.

Esta ficha xa ten as indicacións escritas. O repaso do trazo se pode facer con diferentes cores, e o coloreado igual.

Por último, quería recordaros que os cativ@ están acostumados a poñer o nome pola parte de atrás de cada exercicio. 
Algúns xa o saben escribir pero outros, necesitan copialo. 
A técnica que utilizamos na clase é a de poñer cada letra nun cadrado e debaixo o copian.


Espero que vos resulte útil esta información. 
Recordade que son fichas de axuda e que a partir delas podedes facer moitos traballiños máis.

MOITO ÁNIMO E MOITAS GRAZAS.



martes, 17 de marzo de 2020

MARTES 17 DE MARZO 2020

Bo día familias
Como vos explicamos no correo de hoxe, podedes premer  en calquera dos blogues que están enlazados nos laterais do noso, e veredes información, tarefas e enlaces interesantes para traballar os días que precisedes.

A proposta de hoxe é centrarnos en actividades de lóxica-matemática. Se vos parece ben, cada día iremos vendo actividades de distintas areas a traballar, e así, ao rematar a semana, teredes unha lista de tarefas diferentes para organizar.


Espero que este breve resume do que fan diariamente os nen@s da nosa aula, vos sirva de guía para seguir traballando na casa. 
Deixámosvos tamén aquí no blogue unha pequena lista de enlaces para traballar lóxica-matemática. 
Esperamos e desexamos que sirva de axuda e, como non, de entretimento para tod@s.


LÓXICA-MATEMÁTICA
 https://www.youtube.com/watch?v=pO_vhmckSj4

MAGO TATATA FORMAS XEOMÉTRICAS E NÚMEROS DO1 AO 10

https://www.youtube.com/watch?v=G7xBJNLiBgQ

PAISAXES CON PALILLOS E FORMAS XEOMÉTRICAS
https://www.youtube.com/watch?v=9RSejtAIsAk

RELAXACIÓN E CONTEO
https://www.youtube.com/watch?v=641CeiFBhwU

lunes, 16 de marzo de 2020




LUNS 16 DE MARZO 2020


Bo día circuliñ@s
Antes de nada darvos as grazas polo esforzo que estades a facer neste período excepcional.
Entre tod@s imos facer que sexa o máis levadeiro posible e sabede que sempre podedes contar coa miña axuda, a través do correo electrónico.

Para facer mais levadeira a situación e que os cativ@s poidan seguir en contacto con contidos e temas escolares irei publicando a través do blogue e correos electrónicos, propostas de actividades para facer: 

Algunha tarefa imprimible
Enlaces a vídeos
Ideas de actividades...

Isto non quere dicir que sexan obrigatorias, pero sí é recomendable facer algunha cousiña, xa que son moitas horas na casa e vén moi ben ter as cabeciñas ocupadas.

Estamos a organizar todo isto para poder publicar e enviarvos; ao longo do día de hoxe xa veredes algo.

A través do noso blogue podedes ver os contidos dos blogues dos especialistas  e ter información e unha guía de tarefas.

A idea é publicar diariamente sempre e cando o colapso das redes non o impidan.

Moito ánimo para todas as familias.