Estreamos curso, e novos compañeir@s.
Por iso vos deixamos unha mostra ou resumo do que foi o primeiro trimestre.
Nos incorporamos progresivamente ata que estivemos todo o grupo completo. |
SAMAÍN
A primeira celebración que tivemos foi o Samaín.
Os Cativ@s participaron moi activamente traendo unhas preciosas cabazas coas que fixemos unha exposición moi divertida.
MAGOSTO
Seguidiño veu o tempo do magosto. Ese mesmo día fixemos moitas cousas...
Fomos A Senra no autobús..., alí disfrutamos dun espectáculo e comimos castañas.
Foi un día moi especial, a primeira saída co grupo e unha experiencia moi positiva.
PROXECTO DINOSAURIOS
O noso primeiro proxecto foi sobre os dinosaurios.
As aportacións das familias foron todas moi
benvidas. E gracias a moito do material, puidemo facer o noso rincón JURÁSICO...
CUMPLES
No primeiro trimestre tivemos a varios compañeir@s de cumple.
Valeria e Edurne en Setembro, Laura e Hugo en Novembro e Ricardo en Decembro.
NADAL
Chegou xa o mes de Decembro e con él, todas as celebracións tipicas de Nadal.
Entre elas está a visita do Apalpador. Este personaxe xa hai uns anos que nos visita na escola, explicando de onde ven, e cal é a súa tarefa nestas datas.
Para moitos dos circuliños, foi un descubrimento e unha sorpresa atoparse coa visita do Apalpador ou Pandigueiro.
Como agasallo nos deixou unhas mazás típicas da zona do Caurel e froitos secos tamén da mesma zona.
Moitas grazas Pandigueiro
E o último día antes das vacacións de Nadal, celebramos unha pequena festa en Guísamo, compartindo mesa para merendar, cantando panxoliñas e recibindo unha visita moi, moi gratificante...
OS REIS MAGOS...
Moitos dos circuliños non se atreveron a acercarse a eles para darlles a carta, e a deixaron no buzón que traían para estos menesteres.
Os Reis Magos nos deixaron de agasallo uns xogos moi divertidos para compartir entre tod@s.
Moitas grazas.
Esperamos que vos gustase este resumo do que foi o primeiro trimestre na Aula dos Círculos.
Imos a polo segundo.
En breve vos contaremos máis cousiñas.
Moitas grazas e ata pronto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario