Xa está "viaxando" polas casas o noso libro sobre o faisán, un dos miniproxectos que xurdiu durante este trimestre.
" Que come o faisán?" ... Foi a dúbida provocada por unhas fotos que trouxo a profe Alba.
Por este motivo, comezamos a investigar e... mirade que traballo tan lindo!
Comezamos presentando o material que trouxemos da casa. Encantounos ensinarllo e explicarllo a todos/as!
Despois, repartimos as tarefas para comezar a elaborar o noso libro.
FIXEMOS A PORTADA...
BUSCAMOS NA REDE...
ENGADIMOS FOTOS...
Como somos grandes artistas, tamén nos lanzamos a pintar e debuxar os nosos propios faisáns.
Así de bonito quedou . Aprendemos un montón de cousas e desfrutamos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario