viernes, 19 de junio de 2020

VENRES 19 DE XUÑO

FIN DE CURSO


Bo día familias!!!
Hoxe remata este curso tan atípico e único que transformou as nosas vidas dende o mes de marzo!
Conseguimos aguantar na casa confinados, traballar coas novas tecnoloxías, intentar facer que as actividades estiveran adaptadas e preparadas dun xeito que vos facilitase o traballo....pero sempre cun ordenador ou tablet ou mesmo teléfono, estivemos conectados diariamente ata o día de hoxe.

Moitas grazas por estar ahí, ao outro lado, por contactar como si fose na porta da escola para as dúbidas que aparecían...e, sobre todo, por colaborar da maneira que o fixéchedes. 

Non vos esquecimos nin un só día... e por iso, vos deixamos aquí unha pequena mostra do noso cariño, e agradecemento. E coa esperanza de vernos en setembro!!!





Como tivemos compañeir@s que non puideron celebrar o seu cumple con todos nós na nosa aula, quero desde aquí facer unha pequena celebración para todos eles. 




Que pasedes un verán maravilloso. Unha aperta moi moi moi grande para @S CIRCULIÑ@S .

jueves, 18 de junio de 2020

XOVES 18 DE XUÑO

Como comentaba onte, hoxe tedes tamén o tempo que necesitedes para rematar ese debuxo de final de curso. 
Agradecería que ao longo da tarde de hoxe, os que queirades, o enviedes ao correo de aula.

E para os que rematáchedes a actividade ou nos vos apetece facela, deixamos aquí un xogo co que seguir practicando a numeración. 
Neste caso escolleredes un poliño ao que teredes que guiar ata o outro lado do estanque. Hai que recoñecer o número que aparece e marcar no grupo de follas que ten esa cantidade.


MOITO ÁNIMO!!!!



miércoles, 17 de junio de 2020

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Ola familias. 
Estamos no ecuador da última semana do curso, e quería que hoxe e mañá o adicárades a facer un debuxo, collage, ou unha pintura, na que quede reflexado, de algún xeito, este curso tan atípico que remata. 
Sería en tamaño folio e se o puideses mandar ao correo de aula, poderíamos facer unha pequena presentación para vela o venres. 
Se vos animades, estariamos encantados de compartila con tod@s.
 Gracias, coma sempre, pola vosa colaboración.


Para non perder o ritmo, se vos apetece seguir con algún xogo, aquí tedes uns enlaces que espero que vos resulten útiles e divertidos.





MOITO ÁNIMO!!!


martes, 16 de junio de 2020

MARTES 16 DE XUÑO

Bo día!! 
Seguimos cos xogos!! 

No primeiro xogo, tedes que ir rascando co rato ata descubrir cal é o debuxo está escondido...



Neste segundo xogo, arrastramos o número ata o recuadro que ten a mesma cantidade de cuadrados. A medida que se vai avanzando, sucederá algo...



No último xogo de hoxe, tedes varios quebracabezas. Podedes escoller según a temática que máis vos apeteza. 


Espero que os disfrutedes e, coma sempre...

MOITO ÁNIMO!!!

lunes, 15 de junio de 2020

LUNS 15 DE XUÑO

Ola familias. Hoxe empeza a última semana do curso. 
Intentaremos que sexa o máis amena posible e por iso vos invitamos a xogar un pouco.





Espero que vos gusten. 

MOITO ÁNIMO!!

viernes, 12 de junio de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Chegamos ao fin de semana!!! 
Espero que con moitas ganas xa que temos unhas manualidades de reciclaxe e temática de verán que creo que vos resultarán moi divertidas. 
Aquí tedes o enlace. 


Se vos animades a facer algunha espero que mandedes algunhas fotos!!!!! 

MOITO ÁNIMO E BOA FIN DE SEMANA.